- A convocatoria busca apoiar o labor das entidades sen ánimo de lucro e fomentar a participación cultural, a recuperación das tradicións locais e a dinamización da vida asociativa do municipio.
O Concello de Baiona destina un total de 12.000 euros á convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2026, dirixida a centros, entidades e asociacións sen ánimo de lucro do municipio.
Esta liña de axudas ten como obxectivo promover e apoiar os proxectos culturais impulsados polo tecido asociativo local, contribuíndo á difusión das artes plásticas, a literatura, o teatro, a música, a divulgación científica e outras manifestacións culturais e artísticas. A convocatoria aguzosa especial atención á promoción e recuperación da cultura e das tradicións locais, así como ao fomento dos intereses xerais e sectoriais da veciñanza.
Entre as actividades que poden recibir financiamento inclúense os intercambios culturais, as excursións e saídas didácticas, os festivais folclóricos, as actuacións de danza, música, cuanto e teatro, os concursos, certames e exposicións, as charlas, coloquios e xornadas, así como os festexos populares que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Poderán optar a estas subvencións as entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que teñan o domicilio fiscal e a sede en Baiona, estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os demais requisitos recolleitos na convocatoria.
A contía máxima inicial prevista por entidade é de 1.000 euros, sen que a axuda poida superar o 80% do orzamento correspondente aos gastos subvencionables. A asignación realizarase en réxime de concorrencia competitiva, atendendo a criterios como o número de persoas beneficiarias da actividade, o número de socios da entidade, a porcentaxe de cofinanciamento, o uso e fomento da lingua galega, a promoción da igualdade de xénero, a inclusión das persoas con discapacidade e a traxectoria da actividade en función das súas edicións anteriores.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Baiona (https://baiona.sedelectronica.gal), ata o 27 de outubro de 2027.
Os modelos normalizados de solicitude e os anexos necesarios están dispoñibles na páxina web municipal, www.baiona.gal.
As actividades subvencionadas deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2026.
Con esta convocatoria, o Concello de Baiona reafirma o seu apoio ao asociacionismo cultural e ao traballo que realizan as entidades locais para manter viva a cultura, as tradicións e a participación cidadá, favorecendo unha programación cultural diversa e próxima á veciñanza.

