Mos xa conta cun novo punto limpo móbil no Rebullón

Redacción

O equipamento permitirá ampliar a recollida selectiva de residuos especiais e reforza o compromiso ambiental dun municipio que revalida a Bandeira Verde de Galicia por segundo ano consecutivo

O Concello de Mos xa conta cun novo punto limpo móbil no Rebullón, un equipamento destinado a facilitar a recollida selectiva de resíduos especiais e mellorar a xestión da basura doméstica que precisan un tratamento diferenciado.

O novo módulo, financiado cunha subvención de preto de 10.000 euros concedida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, permitirá depositar diferentes tipos de resíduos a través de, polo menos, nove bocas de recollida, con colectores interiores adaptados ás distintas fraccións.

Entre os resíduos que se poderán recoller figuran pequenos cápsulas de café, aparellos eléctricos e electrónicos, téxtiles, aceites de cociña usados e outros resíduos domésticos especiais que requiren unha xestión específica.

A actuación enmárcase na convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para incrementar a ecoeficiencia na xestión dos resíduos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Galicia Feder 2021-2027.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puido coñecer esta equipación de primeira man na súa última visita a Mos, o pasado 21 de outubro, que ten por obxecto facilitar a recollida selectiva e garantir que estes materiais reciban un tratamento axeitado, evitando que rematen nos colectores convencionais.

Mos revalida a Bandeira Verde

A incorporación deste equipamento coincide coa renovación da Bandeira Verde de Galicia por parte do Concello de Mos, que obtén este distintivo por segundo ano consecutivo.

Mos figura entre os 39 municipios galegos recoñecidos na convocatoria de 2026, a edición con maior número de concellos distinguidos desde a creación deste galardón.

Con este novo equipamento, Mos amplía os seus recursos para a recollida selectiva e continúa a desenvolver actuacións orientadas á sustentabilidade e á protección ambiental.

Comparte este artigo