- Coa ampliación do punto limpo e o mantemento do servizo municipal de recollida de enseres, o Concello segue traballando activamente para evitar os vertedoiros incontrolados e fomentar o mantemento dunha contorno limpa e coidada no municipio.
O Concello do Porriño ven de executar unha nova actuación para mellorar a xestión de residuos e potenciar a reciclaxe no municipio, centrada na modernización e ampliación da capacidade do punto limpo municipal.
Para esta actuación, o Concello contou cun investimento de 41.345,70 euros, no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea). Esta achega permitiu dotar á instalación dunha importante mellora operativa coa incorporación deseis novos colectores de gran capacidade, de 30 metros cúbicos cada un, aumentando de xeito significativo a capacidade de almacenamento do recinto.
Coa ampliación do punto limpo e o mantemento do servizo municipal de recollida de enseres, o Concello segue traballando activamente para evitar os vertedoiros incontrolados e fomentar o mantemento dunha contorno limpa e coidada no municipio, asegura o alcalde Alejandro Lorenzo, tras visitar a colocación dos novos colectores, precisamente na semana que O Porriño conseguiu unha bandeira verde da Xunta de Galicia polas súas boas prácticas medioambientais.
Lémbrase á veciñanza que teñen á súa disposición o servizo de recollida de enseres á que se accede a través do teléfono 665 571 555. Trátase dun servizo totalemnte gratuíto precisamente para evitar que proliferen os vertedoiros ilegais.
Lémbrase tamén que existen multas por deixar residuos na rúa sen un punto de recollida e que poden ser elevadas. Como medida disuasoria puxéronse diversos carteis en puntos habituais en diferentes parroquias comunicando as cuantías de esas sancións que ascenden a entre 751 e 1501 euros.

