O concello de Arbo abre o prazo de inscrición para o XII Ceertame Galego de Corais “Vila de Arbo”

Redacción
  • O evento celebrarase o 14 de marzo de 2027 no Auditorio Segundo Gil Davila.
  • A obra obrigada desta edición será “Meus Amores”, de J. Baldomir.
  • O Prazo de inscrición remata o 17 de novembro

O Concello de Arbo anunciou hoxe a apertura do prazo de inscrición para participar no XII Certame Galego de Corais “Vila de Arbo”, un dos grandes eventos culturais do ano no municipio. O certame terá lugar o vindeiro 14 de marzo de 2027, en horario de tarde, no Auditorio Segundo Gil Davila.

Esta cita musical está organizada polo Concello en estreita colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e a Federación Coral Galega (FECOGA), co obxectivo de impulsar a arte polifónica, enriquecer a axenda cultural e poñer en valor o talento coral galego.

Tal e como salienta o alcalde de Arbo, Horacio Gil: «Este certame é xa un referente indiscutible e un dos escaparates musicais máis importantes de Galicia. Edición tras edición comprobamos como a súa repercusión non deix de medrar, atraendo a centos de visitantes e participantes. Isto supón para Arbo unha oportunidade única para promocionar a nosa vila, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa cultura en toda a comunidade.

O certame está aberto a todas as agrupacións corais non profesionais de Galicia inscritas en FECOGA que conten cun mínimo de 15 compoñentes (sen contar o director ou directora). Para garantir un espectáculo de primeiro nivel, requirirase a selección duns mínimo de tres corais. A obra obrigada: “Meus Amores”, de J. Baldomir.

As corais competirán polos seguintes galardóns: 1º Premio “Segundo Gil Davila”: 900 € e trofeo.  2º Premio: 400 € e trofeo. 3º Premio: 300 € e trofeo. Premio “Antonio Rey Cornide” á Mellor Interpretación da Obra Obrigada (patrocinado por FECOGA): 500 €.

Ademais, para recoñecer o esforzo dos participantes, todas as corais non gañadoras recibirán unha axuda directa á participación de 200 € e un agasallo exclusivo de recordo.

As corais interesadas xa poden presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Arbo. Xunto coa solicitude, deberán achegar: Curriculum vitae (CV) dos últimos 2 anos. Fotografía recente do grupo. Declaración xurada. Gravación recente con 3 pezas.

Partituras. Certificado bancario.

As bases completas están dispoñibles no Taboleiro de Anuncios da sede electronicamente do Concello de Arbo e na web municipal do Concello.

Para consultas ou resolución de dúbidas: Correo electrónico: oficinas2.concellodearbo@gmail.com ou no Teléfono: 986 66 50 00

Dende o Concello de Arbo,  convidamos a todos os coros e agrupacións de Galicia a formar parte desta experiencia inesquecible no Auditorio Segundo Gil Davila, onde os agarda unha acollida extraordinaria, un ambiente inmellorable e o agarimo de todo o pobo de Arbo»  remata o rexedor arbense, Horacio Gil.

Comparte este artigo