Home Pontevedra A Lama O BNG fai un chamamento para demandar que as veciñas e veciños...

O BNG fai un chamamento para demandar que as veciñas e veciños de A Lama poidamos recibir atención primaria no noso concello

- Anuncio -

Durante os últimos días o centro de saúde de A Lama quedou sen o seu único facultativo,
deixando o noso concello sen servizo de atención primaria e sen a posibilidade de atender as posibles urxencias, co risco que isto implica para a saúde da veciñanza.

A situación que acontece na Lama, enmárcase no contexto de “desmantelamento da Atención Primaria e do conxunto da sanidade pública” que desenvolve o PP por todo o país, con baixas e vacacións do persoal que non se cobren e que no caso do noso concello se ve empreorada co insuficiente servizo de pediatría con itinerancias, tendo que desprazarse aos centros de saúde doutros concellos as persoas que precisan recibir atención sanitaria.

O BNG convoca unha concentración este domingo día 5 ás 11 da mañá, diante do centro de
saúde de A Lama en defensa da sanidade pública para dar resposta a esta situación
O portavoz municipal do BNG, Jesús Fortes destacou que “esta nova humillación do SERGAS á veciñanza de A Lama supera todas as liñas vermellas. No PP terán que explicar que é o que lle fixeron as nosas veciñas e veciños para tratalos deste xeito, deixando ao noso concello sen facultativo.

Animamos a toda a veciñanza de a Lama que crea na sanidade pública a que se concentre na mañá deste domingo día 5 con nós en defensa da sanidade pública para deixarlles claro que non imos permitir que xoguen coa saúde das veciñas e veciños de A Lama

Durante a concentración e debido á actual crise sanitaria garantirase a distancia interpersoal e será obrigatorio a utilización de máscara

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas