A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas achégase a Oia os días 16, 17 e 18 de decembro

Redacción

Ao igual ca o ano pasado, o servizo situarase no recinto da Casa da Sociedade de Burgueira

A unidade móbil de inspección técnica (ITV) para vehículos agrícolas desprazarase ao concello de Oia os próximos 16, 17 e 18 de decembro para atender aos vehículos que deban pasar a inspección técnica. Ao igual que o ano pasado, e por mor das necesidades de maior espazo, a unidade da ITV estará dispoñible no recinto da Sociedade de Burgueira.

O horario de atención será de mañá e tarde os días 16 e 17 de decembro (de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas), mentres que o 18 estará só de mañá (de 9:00 a 13:30 horas).

As persoas interesadas en solicitar cita para esta revisión de ITV destinada a tractores, remolques e máquinas autopropulsadas xa poden facelo chamando ao teléfono 981.92.80.80 ou na páxina web www.sycitv.com

O Concello lembra que esta inspección ten carácter obrigatorio para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e tamén para aqueles cuxa inspección non se atope vixente.

Comparte este artigo