Ten como finalidade destinar 211.367 euros a clubs e federacións da cidade
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá nunha sesión extraordinaria o proxecto de modificación dos orzamentos do Consello Municipal de Deportes 5M/CMD/2026, por un importe total de 211.367,00 euros.
O proxecto ten como obxectivo utilizar fondos procedentes do remanente de tesouraría para gastos xerais para dotar crédito extraordinario e suplementos de crédito a diferentes clubs e federacións deportivas da cidade.
A proposta de acordo será elevada ao Pleno do Concello para que proceda, no seu caso, á aprobación inicial desta modificación orzamentaria.

