O Concello de Ourense celebrará a Festa do Magosto (11 de novembro) cunha ampla programación de actividades, nas que destacan a tradicional cita gastronómica na Praza Maior e a Alameda, o festival Folk San Martiño e a actuación da orquestra Los Satélites. Previamente, o sábado 7, haberá un obradoiro de confección de instrumentos musicais de raíz e unha representación didáctica na Sala Valente. A programación da festa, declarada de interese turístico, está organizada polo Concello coa colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA.
FESTA DO MAGOSTO 2026
Sábado, 7 de novembro
- 10.00 – 13.00 h. Sala Valente. Obradoiro de confección de pequenos instrumentos musicais de raíz, impartido por Xavier Blanco.
- Inscricións no correo electrónico: cultura.negociado@ourense.es
- A partir de 14 anos • Admisión por orde de solicitude
- 19.00 h. Sala Valente. Representación didáctica de instrumentos de música de raíz.
Mércores, 11 de novembro
- 18.00 h. Praza Maior e rúa do Progreso (Alameda). Magosto tradicional: chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño. Prezo: 3 euros.
- Degustación gratuíta de castañas
- Callos e porco ao espeto
- 18.00 h. Praza Maior. Festival Folk San Martiño.
- Actuación dos grupos Ialma e Brañas Folk, coa colaboración de Pancho Álvarez, Susana Blanco e o cuarteto de zanfonas Zarandela, dirixido por Germán Díaz.
- 19.00 – 22.00 h. Rúa do Progreso (Alameda). Baile coa orquestra Los Satélites.

