Home A Coruña Gran éxito de participación na primeira das cinco visitas teatrais gratuítas dos...

Gran éxito de participación na primeira das cinco visitas teatrais gratuítas dos Quinquilláns ao Pico Sacro

- Anuncio -

As próximas citas terán lugar ás 17:30 horas dos sábados 11 e 18 de setembro, así como os domingos 19 e 26

Gran éxito de participación esta fin de semana na primeira das catro visitas teatralizadas ao Pico Sacro da man dos Quinquilláns e que o Concello de Boqueixón ten programadas para este mes de setembro, dentro do programa “Un mes e Pico”. A primeira xeira de “A Raíña Lupa e o encanto do Pico Sacro” tivo lugar na tarde deste pasado sábado e conseguiu completar o aforo dispoñible.

Un grupo de persoas que cumpriu con todas as esixencias do protocolo de seguridade anti-covid, levando posta a máscara durante toda a actuación e mantendo a distancia de seguridade. Durante a sesión, celebrada no propio cumio do Pico Sacro, as persoas asistentes foron recibidas por Seixo, un mouro que os presentou diante da Raíña Lupa, quen lles contou a lenda do Pico e as probas que tiveron que pasar os discípulos do Apóstolo Santiago para chegaren a Compostela.

As próximas sesións terán lugar nas tardes dos sábados 11 e 18 de setembro, así como os domingos 19 e 26 de setembro, ás 17:30 horas. A participación é totalmente de balde, se ben a situación sanitaria actual fai que o número de prazas estea limitado a vinte e sexa imprescindible inscribirse previamente no mail boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 981 513 061.Unhas visitas incluídas na programación do ciclo “Un mes e Pico”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración co Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas