Parece que esta mensaxe está en inglés

Redacción

Esta fin de semana regresa o D-Gusta Porriño con récord de locais e petiscos

Durante todos os venres e sábados do mes de novembro, entre as 19:00 e as 23:00 horas, un total de 30 establecementos participarán nesta ruta gastronómica.

Regresa a mellor ruta gastronómica do Porriño: o D-Gusta. Esta iniciativa de petiscos e tapas conta nesta edición coa participación de 30 locais que ofrecerán máis de 30 propostas culinarias diferentes. Nesta ocasión, haberá opcións para todos os públicos e padares, con elaboracións a base de carne, peixe e verduras, ademais de alternativas veganas e sen glute.

A Asociación de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presenta esta nova edición dun evento que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, ofrecendo a veciños e visitantes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.

Durante as xornadas da ruta, de 19:00 a 23:00 horas, os establecementos participantes servirán os seus petiscos a un prezo de 1,5 euros (sen consumición) ou 2 euros (con consumición).

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou  que “o D-Gusta é moito máis ca unha ruta de tapas; é unha demostración do talento e do traballo da nosa hostalería”. Así o rexedor convida a todo o mundo a estrear esta fin de semana este evento gastronómico “ para desfrutar do ambiente e dos excelentes produtos dos nosos locais”.

Como en edicións anteriores, quen participe terá a oportunidade de gañar diversos premios. Por cada petisco ou tapa que se consuma, recibirase un selo nun “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarase no sorteo dun bono de 500 euros e de 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e no comercio local do Porriño. Cantos máis selos se consigan, máis oportunidades haberá de gañar.

A ruta D•Gusta Porriño consolídase como un importante dinamizador da economía local. Cada ano, miles de persoas participan, impulsando tanto a hostalería como o comercio, enchendo as rúas de vida. 

Hostalería participante

A Francachela (Praza Central, 2)

Patacas tella con salsa, acompañadas de ovo, chourizo cantimpalo e un anaco de pan do Porriño

Argentino 2 (Rúa Antonio Palacios, 42)

Selección de pizzas

Bar Liceum (Rúa Ramón González, 16)

Mar ou terra

Baraka (Avda. Domingo Bueno, 56)

Caldeirada de pescada

Bo camiño (Avda. Domingo Bueno, 43)

Vieira á prancha con puré de patacas

Café La Paix (Rúa Antonio Palacios, 5)

Cachorro La Paix

Camino De Santiago (Os Eidos, 16, Atios)

Ensaladilla con polbo e mexillóns con torradas de pan de allo

El alambre del abuelo (Rúa Granxa Malladoura, 16)

Papillota de solombo

El Patio (Rúa Servando Ramilo, 26)

Pincho el patio

El Pincho (Rúa Pinar, 7)

O pincho roll

Estación 57 (Rúa Molinos, 13)

Dúo con flow: torradas variadas. Opción de pincho sen glute

Hotel Parque (Praza do Cristo, s/n)

Mini albóndega en pan francés

La Bendecida (Rúa Antonio Palacios, 36)

Pincho el bendecido

La Bici (Rúa Pio XII, 10)

Bocadiño La Bici

La Bombonera (Avda. de Galicia, 34)

Bocadiños Bombonera

La Cueva (Rúa Ramón González, 15)

Pementos do piquillo recheos

La de Sandra (Rúa Ramiranes, 15)

Bocadiño de Sandra

La guarida (Avda. de Galicia, 8)

Guarizza

La vinoteca (Rúa Pinar, 13)

Venres currichiño, sábado espetiño

Paso a Nivel (Rúa Progreso, 1)

Opción 1: Taco galego de carrillera adobada en zorza, con tetilla e maionesa de Padrón

Opción 2: Ovos rotos con mechada de carrillera adobada en zorza, patacas e ovo (sen glute)

Pinzas (Rúa Leandro Diz, 2)

Pulled pork en pan brioche

Pinzas burguer (Rúa Parque Infantil, 37)

Patacas gajo con cheddar e jalapeños

Platinum (Rúa Antonio Palacios, 95)

Cachorro quente

Saspi (Rúa Manuel Rodríguez, 13)

Bocadiño de xamón ao forno, con cebola caramelizada e queixo de tetilla, acompañado de patacas tella

Sekretos (Rúa Ramón González, 47)

Pincho Sekreto

Sol (Rúa Antonio Palacios, 46)

Bocadiño de lombo con queixo

Treinta y Tau (Rúa Domingo Bueno, 8)

Mini bocadillo de xamón asado con queixo

Underground (Avda. Domingo Bueno, 3)

Taco de cochinita pibil, sen glute. Opción de pincho vegano

Xantar de Pepa (Camiño Fontevella, 2)

D•Gusta Pepa

Zentral (Praza Central, 3)

Mini hamburguesa Zentral

Comparte este artigo