Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén celebra este sábado o seu V Trofeo Municipal de...

Pazos de Borbén celebra este sábado o seu V Trofeo Municipal de Fútbol Sala

- Anuncio -
  • O club local enfrontarase ao equipo galego máis laureado da historia, o Santiago Fútsal
  • Tras a suspensión da edición ano pasado pola pandemia, o pavillón municipal de Pazos de Borbén acolle novamente este sábado o V Trofeo Municipal de Fútbol sala. O partido comezará a partir das 16:30 horas e enfrontará ao equipo local, o Pazos Fs, e ao histórico club de futbol sala da capital galega, o Santiago Fútsal.

  • O edil de deportes, Francisco Amoedo, destacou o recoñecemento que supón para o deporte local o poder recibir ao club de fútbol sala máis laureado de Galicia. “O referente no fútbol sala galego é sen dúbida o Santiago Fútsal. Con 15 anos seguidos na elite é o mellor exemplo a seguir para todos os clubs e para nós é toda unha honra poder recibilos e que nos permitan competir cos mellores”, destacou o edil.

  • Do mesmo xeito, o presidente do Pazos FS, Manuel Ferreira, explicou que se trata do último partido da pretemporada do equipo Santiagués, “e iso para nós é un orgullo, porque significa que ven no noso equipo o nivel suficiente como para darlles ese punto final de competitividade que necesitan antes do inicio da súa competición”.

  • O acceso ao partido estará regulado polas medidas anticovid vixentes polo que será necesario inscribirse previamente no teléfono 986 598 184 en horario de mañá. Ademais, aconséllase acudir ao recinto con suficiente antelación para evitar a formación de colas de espera no control de temperatura da entrada.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas