Home Pontevedra Deza Indignación novamente de Taboada aos comentarios do señor Otero

Indignación novamente de Taboada aos comentarios do señor Otero

- Anuncio -

• Segundo o rexedor “hai que ter moi pouco criterio ao dicir que o goberno malgasta o diñeiro en reparar pistas e camiños de Vila de Cruces”.

Luís Taboada non pode crer que o señor Otero sexa capaz de dicir nun medio de comunicación, o que dixo hai uns días concretamente o 8 de setembro, e que hoxe chegaron a oídos do rexedor.

Nunha nota de prensa Otero dá prioridade a gastar 1.000.000 de euros nun polígono, que segundo el o deixou practicamente terminado, no canto de investilo en arranxar pistas e camiños como está a facer Taboada nestes momentos.

Un polígono que faría falta máis de 1.000.000 millón de euros para rematar, sen garantías de ocupación, xa que non hai ningunha petición de chan no consistorio, e que nestes momentos de pandemia e problemas económicos antóllase complicado.

Taboada en cambio dedícase a rozar, reparar pistas e camiños que ao longo dos anos xa eran practicamente intransitables e isto non lles gusta aos señores do PP de Vila de Cruces que preferían outro tipo de investimentos, pois isto deberíanllo de explicar a todos os veciños e veciñas de Besexos coa limpeza da matogueira, e o acondicionamento da estrada, conseguindo máis amplitude, a esta parroquia que ao longo das décadas o señor Otero tiña
abandonada.

Tamén deberían explicar como Taboada restaurou a Ponte de Remesquide, unha ponte que se atopa encima do Río Ulla, e que une os municipios de Vila de Cruces e Touro, que estaba totalmente abandonada.

E máis Taboada anima a Otero que explique, que pasou cos seus investimentos estrela, como foi no seu día a obra chamada matadoiro do Galo, cun investimento de centos de miles de euros, que nestes momentos atópase en semi ruína, e na cal non podemos realizar ningunha actuación como xa sabe el, o rexedor podería alongarse con moitas outros investimentos ruinosos do señor Otero, pero a peor de todas é deixar de investir máis de 1.500.000 de euros nos seus veciños e veciñas e que fixo que a súa incompetencia obrigáseo a retelo no banco por lei, un diñeiro que aínda por encima cústalle ás arcas
municipais o telo gardado, e que o señor Otero, está continuamente poñendo trabas, para que Taboada poida investilo na veciñanza, como ten que ser, segundo Taboada “o que realmente preocupante e que Otero non di é que nos 29 anos que estivo como alcalde sen facer máis nada que cobrar o seu soldo levandose do concello de Vila de Cruces máis de 1.000.000 de euros nese tempo”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas