Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar: “Monterrei é un magnífico escaparate internacional de Ourense polos seus...

Manuel Baltar: “Monterrei é un magnífico escaparate internacional de Ourense polos seus produtos, historia, termalismo e patrimonio”

- Anuncio -

O presidente provincial participou hoxe na inauguración do Espazo Enogastronómico do castelo, unha edificación reconstruída dentro da fortaleza na que terán un especial protagonismo todo tipo de actividades relacionadas coa viticultura, ademais de promocionar outros produtos tradicionais da zona

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta tarde no acto de inauguración do Espazo Enogastronómico do castelo de Monterrei, onde mostrou a súa satisfacción por contribuír desde a institución provincial a facer aínda máis grande un territorio que definiu como “un magnífico escaparate internacional de Ourense polos seus produtos, historia, termalismo e patrimonio”. Unha foto fixa perfecta da nosa provincia, engadiu, “nunha comarca que é a plataforma idónea para falar de futuro e como porta de entrada a Galicia e Ourense, que pronto se materializará coa próxima chegada da alta velocidade”.

Na fortaleza déronse cita o conselleiro de Medio Rural, José González; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, como anfitrión xunto con outros alcaldes e alcaldesas da comarca; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; a xerente do Inorde, Emma González; e a presidenta do Consello Regulador de denominación de orixe Monterrei, Lara Da Silva, aos que se dirixiu o presidente provincial para agradecerlles “a colaboración institucional que fixo posible a recuperación deste novo espazo dentro do castelo”.

Unha construción defensiva, dixo en clave histórica, na que naceu no século XVI Gaspar de Zúñiga Acebedo, que ademais de Conde de Monterrei tamén foi virrei, gobernador e capitán xeral do reino de Nova España (México) e do Reino de Perú. “Un gobernante homenaxeado a finais dese mesmo século polo militar español Diego de Montemayor, que tras recibir a orde de fundar en México un poboado decidiu bautizalo co nome de Monterrei”. Non obstante, destacou Manuel Baltar, non todo queda no castelo e na historia, “senón que ao seu redor atopámonos con recursos e produtos propios e de gran calidade que experimentaron un notable auxe, como o viño, os pementos de Oímbra oou a castaña, e que tamén ten no termalismo outra das súas potencialidades”.

O Espazo Enogastronómico inaugurado hoxe estará centrado no mundo do viño, polo gran peso que ten na comarca, pero no que tamén terán cabida outros produtos tradicionais da zona. As instalacións enmárcanse no proxecto de recuperación das construcións existentes no interior da fortaleza, coñecida como Vila de Monterrei, que na súa época acollía unha importante actividade comercial que xiraba en torno ao viño, a carne e o liño, ademais dunha intensa vida social e cultural que o concello quere devolver ao castelo.

Primeiro reformouse o hospital da Trinidade, antigo albergue de peregrinos, transformándoo nun centro de exposicións, e agora é a quenda dun espazo que pode xogar un destacado papel na promoción dos produtos da comarca.

O próximo paso será habilitar unha nova área dentro da fortaleza que acollerá o Centro de Interpretación da Imprenta Incunable de Galicia, proxecto que figura no plan de mandato 72-73 do goberno provincial, xa que neste castelo estivo a primeira imprenta existente en terras galegas e editouse a finais do século XV a que está considerada como unha das xoias bibliográficas de Galicia: o Missale Auriense, que se conserva na Catedral de Ourense.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas