Nos pasados días o Concello de Cambre anunciou a devolución da axuda de 1,6 millóns de euros ao Ministerio de Transportes para a rehabilitación do pavillón dos Campóns, en Sigrás.
A devolución volve a poñer o foco no anterior goberno, xa que trae un sobrecargo nas arcas municipais de case 200 mil euros de intereses
Un proxecto vendido a “bombo e platillo” que, como moitos outros, non se chegou a materializar. O anterior goberno deixou sen resolver as graves problemáticas do pavillón, así como a reducción do consumo electrico de outros inmobles muncicipales situados na contorna, coa instalación dunha rede de autoconsumo con placas solares.
Dende Alternativa matizan que este é outro dos exemplos das consecuencias sobrevidas da mala xestión do anterior goberno, que tras ter conseguido a subvención no 2022, xa no 2024 non incluíron as obras nos orzamentos municipais porque non se tramitou o expediente en prazo e forma.
“ Esto é un suma e segue da nefasta xestión de UxC: que deixa un custe as arcas de 200 mil euros, e se pode engadir aos 600 mil euros en horas extra da policía que presuntamente haberá que devolver ou ao máis dun millón en obras do Plan Provincial sen executar.” Apunta Raúl Varela, voceiro do grupo. “

