O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, analizou hoxe co presidente electo da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo, posibles vías de colaboración na difusión dos valores ambientais asociados á actividade cinexética.
Neste senso, ademais de abordar a declaración de emerxencia cinexética temporal e a xestión coordinada do xabaril desde un ámbito transversal e diferencial do territorio, o conselleiro destacou esta reunión como unha primeira toma de contacto coa Federación e puxo en valor as accións que realizan no eido da potenciación, difusión e mellora desta actividade, fomentando valores como o respecto e o coidado do patrimonio natural.
A maiores, salientou a aposta da entidade por facilitar o acceso dos afeccionados a novos coñecementos no que respecta á seguridade e prevención de accidentes, ás enfermidades da fauna cinexética, á xestión interna das propias agrupacións ou a outras temáticas como a saúde alimentaria.
A Xunta e a Federación Galega de Caza avalían vías de colaboración na difusión dos valores ambientais asociados á actividade cinética

