Instalará unha placa na estación de tren en lembranza das Irmás Touza
Tamén haberá un curso, obradoiros, actividades para escolares, unha exposición, un acto institucional e a iluminación da ponte romana
O Concello de Ourense presenta a programación de actividades que desenvolverá este ano con motivo do 25 de novembro (25N), Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Co lema “Que chova igualdade”, inclúe un curso de autodefensa, actividades para estudantes (escape room e xincana) e varios obradoiros, ademais da lectura do manifesto institucional, a iluminación da ponte romana e a exposición “Á violencia de xénero… dille non!”. Por outra banda, instalará unha placa conmemorativa na estación de tren en homenaxe ás Irmás Touza o día 24.
As actividades están organizadas polo Concello e contan cunha subvención do Ministerio de Igualdade, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e a colaboración de Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) e a Xunta de Galicia.
Programación completa
Curso de autodefensa para mulleres
19 e 26 de novembro. 19.00 h, CEIP Mestre Vide
Inscricións na Concellería de Igualdade: presencialmente na rúa Vasco da Ponte, nº 1, baixo, ou telematicamente no teléfono 988 393 191 ou no enderezo concelleriamuller@ourense.es
Escape room para estudantes
“Rexeita o maltrato”: 20 de novembro. CPR Divino Maestro
“Facendo visible o invisible”: 23 de novembro. IES Otero Pedrayo
“Alicia e o dinosauro do esquecemento”.
Xincana por estacións para recuperar as mulleres esquecidas da historia
24 de novembro: CEIP Manuel Sueiro e CEIP Mestre Vide
25 de novembro: CPR Divino Maestro e CEIP Prácticas
Acto inaugural da placa conmemorativa ás Irmás Touza
24 de novembro. 12.50 h
Estación de Tren de Ourense (Adif)
Coñece o CIMM: obradoiro para a igualdade
23 de novembro. CIFP A Farixa
Acto de lectura do manifesto institucional
25 de novembro. 12.00 h
Salón de Plenos do Concello de Ourense
Iluminación da ponte romana
Do 23 ao 29 de novembro
Obradoiro de empoderamento para mulleres
En varias asociacións veciñais
27 de novembro
Exposición: “Á violencia de xénero… dille non!”
Do 23 de novembro ao 2 de decembro
Espazo Xove

