Policía Local e Emerxencias fórmanse na intervención ante condutas suicidas

Redacción

O Concello organizou tres xornadas de formación especializada en intervención ante condutas suicidas e situacións de crise para o persoal do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local. O curso, impartido por Carmelo Vega Terceño, especialista en prevención e intervención en condutas suicidas e ex xefe supervisor dos Bombeiros da Comunidade de Madrid, tratou técnicas de comunicación, negociación, primeiros auxilios psicolóxicos e protocolos de actuación ante situacións de risco.

A formación incluíu simulacións prácticas co obxectivo de mellorar a coordinación entre ambos os servizos e garantir intervencións máis seguras e eficaces.

O Concello continúa apostando pola formación e especialización dos seus profesionais para ofrecer unha mellor resposta ante emerxencias e situacións nas que pode estar en risco a vida das persoas.

Comparte este artigo