Home Pontevedra Caldas A “fuga” do PORTAMÉRICA, un novo fracaso do PSOE.

A “fuga” do PORTAMÉRICA, un novo fracaso do PSOE.

- Anuncio -

“O goberno municipal debe dar explicacións pola perda dun festival da importancia do PORTAMÉRICA, ” afirmou Manuel Fariña.

No día de onte anunciouse a celebración do Festival PORTAMÉRICA os vindeiros 1 e 2 de outubro no recinto da azucreira de Portas, unha malísima nova para Caldas, que ve como un festival de referencia como este abandona o noso concello nun momento fundamental para a reactivación económica da hostelería e o comercio caldense.

O desleixo do equipo de goberno e a falta de liderado do alcalde están sen dúbida detrás
desta decisión, pois a pesares de contar con unha partida orzamentaria de máis de 120.000€ no orzamento prorrogado do ano 2020, non foron quen de negociar cos
promotores e asinar un contrato que garantice a permanencia deste festival no noso concello.

“É evidente que se o PORTAMÉRICA se pode celebrar en Portas tamén se podería ter celebrado en Caldas. Non hai motivo que xustifique esta espantada da nosa vila” afirmou Fariña.

Dende o BNG non só pediremos explicacións ao goberno municipal, senón que estaremos vixiantes para que nin un só céntimo dos impostos das veciñas e veciños de Caldas se empregue para financiar a “fuga” deste evento a outra ubicación fora do noso termo municipal.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas