Home Vigo Pazos de Borbén Diego González ofrece mañá o seu espectaculo infantil "Un intre máxico en...

Diego González ofrece mañá o seu espectaculo infantil “Un intre máxico en Pazos de Borbén

- Anuncio -
  • A iniciativa está incluída nas actividades de animación á lectura organizadas pola biblioteca municipal
  • A biblioteca municipal de Pazos de Borbén organiza mañá unha nova actividade para fomentar os hábitos de lectura entre os estudantes do municipio. Nesta ocasión trátase dun show de maxia interactiva a cargo de Diego González Hermida, “O Calborota”, titulado “Un intre máxico”. A sesión dará comezo ás 12:30 horas e contará coa asistencia os alumnos de infantil do CPI Curros Enríquez.
  • “Un intre máxico” é a historia dun vello e simpático rato de biblioteca chamada Don Pergamiño que conta con dúas habilidades extraordinarias, ler todos os libros que pasan polas súas mans e interpretalos de tal maneira que todos os nenos e nenas pode vivir o seu contido e as súas aventuras coma se fosen propias.
  • Trátase dunha representación chea de emoción, diversión e reflexión que mestura o tradicional espectáculo de marionetas cos contacontos infantís e o ilusionismo, fomentando así a imaxinación e a participación dos máis pequenos. O espectáculo ten unha duración aproximada de 60 minutos.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas