Home Pontevedra Baixo Miño Paseo guiado sobre as mulleres na historia do Arrabal, este domingo en...

Paseo guiado sobre as mulleres na historia do Arrabal, este domingo en Oia

- Anuncio -

O Concello de Oia organiza este domingo o paseo guiado “As do Arrabal”, unha visita ao barrio histórico que servirá para descubrir espazos femininos, coñecer algunhas figuras destacadas e visibilizar e recoñecer o papel xogado polas mulleres ao longo da historia local.

O paseo, a cargo dunha guía oficial, sairá ás 12.30 horas da Oficina de Turismo de Oia (Praza Centinela) e terá unha duración aproximada de 45 minutos. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou no teléfono 639.329.493 (para máis información pódese chamar ao Concello ao número 986.36.21.25).

A visita guiada deste domingo forma parte do proxecto “6×6 Punto de encontro O Arrabal: O mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

A maiores da visita do domingo 19, a actividade central do “6×6 Punto de encontro” desenvolverase o próximo 25 de setembro e consistirá nunha representación por parte do alumnado do obradoiro de teatro veciñal, que este ano estará acompañado de varias artistas convidadas. Nos próximos días avanzaranse os detalles relativos a esta representación, así como a forma de inscrición.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas