O Concello organiza dúas saídas, o domingo 22 e o sábado 28 de novembro coa fin de dar a coñecer, a través dunha ruta circular de 10 km, os segredos do regato de San Pedro.
As persoas interesadas realizarán un percorrido circular de 10 km, no que descubrirán, a través de diferentes paradas, os segredos que agocha o sendeiro do regato de Nós: a súa biodiversidade, a súa historia e o seu valor como espazo natural e cultural. A ruta ten unha duración aproximada de 4 horas.
A inscrición realizarase a través dun formulario en liña no seguinte enlace: https://forms.gle/uRBxAqPKXgyDgMVb7
As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas admitidas recibirán un correo electrónico de confirmación co punto de encontro.

