Home Pontevedra Caldas O concello de Portas denuncia a subracción de varios contedore novos de...

O concello de Portas denuncia a subracción de varios contedore novos de lixo recén postos en Briallos e Lantaño

- Anuncio -

Solicita a colaboración veciñal para determinar a autoría dos roubos que están a causar graves prexuízos económicos ás arcas municipais

Varios contedores de lixo recén incorporados ao sistema de recollida de residuos sólidos urbanos e adquiridos polo Concello de Portas foron subtraídos nos últimos días o que está a supoñer ademais dun prexuízo económico para o municipio, un problema importante para o servizo de recollida.

Este incidente foi posto en coñecemento da Garda Civil que iniciará as investigacións pertinentes para identificar aos autores da subtracción para que devolvan os contedores e sexan obxecto das medidas sancionadoras ás que haxa lugar.

O Concello de Portas expresa a súa máxima repulsa sobre esta práctica que nos últimos tempos se está a facer demasiado habitual e está a ocasionar graves prexuízos para os servizos municipiais que recibe a veciñanza e solicita a colaboración cidadá para dar cos autores do roubo.

Lembrar que a Deputación de Pontevedra, concedeu ao Concello de Portas, unha subvención de 12.888,15 euros a través do Plan Concellos 2018-2019 (anualidade 2019), para a adquisición de colectores de lixo. Este importe, é o resultante da aplicación das baixas doutros investimentos. En total, foron 75 unidades que se colocaron, na súa maioría nas parroquias de Briallos e Lantaño, lugares de onde desapareceron nos últimos días e que motivaron a denuncia interposta polo Concello de Portas ante os corpos e forzas de seguridade do Estado.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas