Home Pontevedra Deza O concello de Vila de Cruces ven de consolidar a súa aposta...

O concello de Vila de Cruces ven de consolidar a súa aposta pola igualdade de xénero unha vez máis

- Anuncio -

A alcaldía do concello, así como a concellería da muller, declaran o seu compromiso co establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades de mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real e efectiva e de integración social.

Dito compromiso coa igualdade materialízase co inicio do proceso para a elaboración do IV Plan de Igualdade do concello de Vila de Cruces. A elaboración deste plan, que pretende ter unha vixencia de 4 anos, conta coa colaboración e financiación da Deputación de Pontevedra, tras a concesión da “Subvención dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero”.

Os plans de igualdade son conxuntos ordeados de medidas adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na administración local a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a
discriminación por razón de sexo. Todas as administracións locais teñen a obligatoriedade de ter un propio, aplicando así o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes de todas as políticas públicas exercidas dende o concello de Vila de Cruces.

Esta semana constituise a Comisión de Igualdade, a encargada de realizar a diágnose de situación sobre a situación do concello para así poder establecer un plan de acción acorde ás necesidades de Vila de Cruces. Para a realización da mesma, pedirase a opinión e a contribución activa da cidadanía así como de determinados axentes sociais do concello (centros educativos, asociacións…) dende os medios que se porán ao seu alcance.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas