Home Ourense Baixa Limia O concello de Nigrán súmase este domingo 26 de setembro ao proxecto...

O concello de Nigrán súmase este domingo 26 de setembro ao proxecto Ríos de Adega cunha limpeza preto da desembocadura do Muiños

- Anuncio -

Voluntariado do Concello retirou onte preto de 200 kg de lixo de Praia América-Lourido dentro do proxecto ‘Libera 1m2 polas praias e mares’

Os interesados nesta nova cita medioambiental deben anotarse a través da web do Concello como límite este venres ás 13:00 horas. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela ás 18:00 horas

O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 18:00 horas. Os interesados deben inscribirse antes deste venres 24 de setembro ás 13:00 horas a través do formulario web www.nigran.es. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela en Praia América ás 18:00 horas e a duración aproximada de 1,5 horas. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e auga. O Concello participa xunto a outras 50 localidades de toda Galicia e más de 65 entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Retirada de 200 kg no proxecto ‘Libera 1m2 polas praias e mares’

Por outra banda, un total de 13 persoas coordinadas desde o Concello de Nigrán participaron este pasado domingo 19 de setembro no proxecto Libera ‘1m2 polas praias e mares’ cunha xornada de limpeza matinal ao carón do peirao de Lourido (Praia América). Ao longo de hora e media retiraron preto de 200 kg de lixo, aparecendo fundamentalmente, como é habitual, moitas botellas de plásticos, microplásticos, restos de material de pesca…

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas