A presidenta da Deputación insta á Xunta a pactar un modelo de financiamento municipal con criterios obxectivos, fixos e estables, como o Plan Deputación

Redacción

O plan Deputación representa o 14,5% do Orzamento da Deputación, que en 2027 será de 155,2 millóns. O Orzamento da Xunta será o vindeiro ano de 15.158 millons e o seu fondo de cooperación para os 313 concellos galegos ascenderá a 203 millóns. É o 1,34% do orzamento.

Dende a presidencia da Deputación remarcouse, unha vez máis, que a firma de convenios con concellos responde á vontade primeira do goberno provincial, que é traballar para lograr o reequilibrio territorial dos 67 concellos da provincia, posto que a moitos deles non chegan investimentos da Xunta. Por iso, Carmela López retou hai unhas semanas á Xunta a pactar un modelo de financiamento municipal en base a criterios obxectivos, estables e públicos.

López insta ao PP e á Administración autonómica a mirar para o Plan Deputación, o principal instrumento de cooperación económica da institución provincial cos concellos, que foi impulsado pola presidencia no ano 2016, con criterios obxectivos e estables de reparto, e que no ano 2027 se verá incrementado en 2.750.000 millóns de euros, ata alcanzar os 25 millóns. Trátase dunha suba moi superior á convencional, que era de 250.000 euros, e responde á vontade da actual presidenta, Carmela López, de impulsar ese reequilibrio territorial. A medida beneficiará a 63 dos 67 concellos, xa que os outros catros xa reciben a contía máxima.

O plan Deputación representa o 14,5% do Orzamento da Deputación, que en 2027 será de 155,2 millóns. O Orzamento da Xunta será o vindeiro ano de 15.158 millons e o seu fondo de cooperación para os 313 concellos galegos ascenderá a 203 millóns. É o 1,34% do orzamento.

Modelo Deputación

O Plan Deputación aséntase en criterios de reparto obxectivos. A poboación ten un peso do 40 %; as entidades singulares de poboación, un 25%; a superficie, un 20 %, e o índice de envellecemento, un 15 %. Mantense tamén a achega mínima de 150.000 euros por concello e en 2027 os anticipos poderán ser do 80%, fronte ao 50% actual. Outra das fortalezas deste instrumento é que permite aos concellos decidir en que invisten.

Outras colaboración con Concellos do PP

Unha proba máis de que o goberno provincial non actúa con sectarismo é que se están atendendo peticións de alcaldesas e alcaldes de todas as cores políticas, tamén do PP, tanto a través de convenios como doutras fórmulas. Exemplos son a cesión da Casona do Incio, que leva aparellada unha aportación económica de 250.000 euros; a dun terreo ao Concello de Pantón na contorna do embarcadoiro de Maiorga ou os treitos de estradas que se cederán a concellos, tras solicitudes dos seus alcaldes, como os de Cospeito e Palas de Rei.

Comparte este artigo