Home A Coruña A Xunta outorga axudas a cinco concellos da contorna de Bergantiños-Costa da...

A Xunta outorga axudas a cinco concellos da contorna de Bergantiños-Costa da Morte para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de preto de 295.000 euros

- Anuncio -

― O delegado da Xunta na Coruña visitou a depuradora de Lodeiro, en Cabana de Bergantiños, onde informou que este municipio recibirá máis de 96.600 euros para levar a cabo melloras no depósito de Picón e na estación depuradora

― As axudas, compatibles con outros incentivos, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro na execución das obras, así como os gastos asociados a elas

― Con este tipo de iniciativas a Xunta mantén o apoio ás entidades locais na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, que redundan na calidade de vida das poboacións dos municipios máis pequenos de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, visitou a estación depuradora de augas residuais de Lodeiro, onde informou que este municipio recibirá máis de 96.600 euros para levar a cabo melloras no depósito de Picón e na depuradora.

Trenor destacou que esta axuda inclúese dentro da nova orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para apoiar aos concellos máis pequenos, cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, na execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, á que destina un investimento global que rolda os 9 millóns de euros en toda Galicia, tras ampliar en preto de 5 millóns de euros a orde de axudas dotadas inicialmente con 4 millóns.

No caso dos concellos da contorna de Bergantiños-Costa da Morte, o delegado da Xunta, informou que estas axudas beneficiarán a cinco concellos: Cabana de Bergantiños, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Laxe que recibirán en total preto de 295.000 euros para garantir o funcionamento óptimo dos seus sistemas de abastecemento municipal ou para actuar na modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como na construción de novas infraestruturas.

Con esta liña de subvencións, a Xunta trata de apoiar actuacións nos municipios cunha poboación igual ou inferior aos 5.000 habitantes para garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local.

O límite máximo das axudas foi de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Así, os concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración.

Estes incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen, tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Con esta iniciativa a Xunta segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida dos veciños dos municipios máis pequenos de Galicia.

Esta actuación da Xunta conta coa financiación do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

CONCELLOSISTEMATÍTULO PROXECTOACHEGA AUGAS DE GALICIA
Cabana de BergantiñosAbastecementoSubstitución de tubaxe de distribución de auga á saída do depósito de Picón, concello de Cabana de Bergantiños48.399,09 €
Cabana de BergantiñosSaneamento e depuraciónMelloras na automatización da E.D.A.R. de Lodeiro, concello de Cabana de Bergantiños48.390,99 €
CorcubiónSaneamento e depuraciónMellora do saneamento na Rúa Camiño do Carro e O Vilar50.000,00 €
DumbríaSaneamento e depuraciónAmpliación da rede de saneamento na parroquia de Ézaro50.000,00 €
FisterraSaneamento e depuraciónMellora do saneamento na rúa Federico Ávila. Fase 150.000,00 €
LaxeAbastecementoMellora da rede de abastecemento municipal de laxe47.895,97 €
TOTAL294.686,05 €

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas