A Xunta e Unións Agrarias avalían vías de colaboración para a convivencia entre a fauna silvestre e a actividade no rural

Redacción
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO SAN LÁZARO 09,30 h.- O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, reunirase co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. No seu despacho. SÓ GRÁFICOS. Foto xoán crespo

O conselleiro de Medio Ambiente e Cambio Climático, Nicolás Vázquez Iglesias, analizou hoxe co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, posibles vías de colaboración para garantir o equilibrio e a convivencia entre a fauna silvestre e a actividade no rural galego.
Neste senso, ademais de abordar as medidas preventivas que realiza a Xunta para apoiar ao sector agrogandeiro no referido aos danos ocasionados pola fauna, o conselleiro destacou esta reunión como unha primeira toma de contacto con esta organización profesional e puxo en valor o compromiso do departamento autonómico coa xestión do lobo e o coidado do patrimonio natural.
A maiores, lembroulle as axudas que convoca cada ano a Consellería destinadas a apoiar ao sector no establecemento de distintos tipos de accións para protexer as explotacións e cultivos fronte a ataques do lobo, do xabaril e do oso e que contribúen tamén a garantir a convivencia no territorio da biodiversidade coas actividades que se desenvolven no rural.

Comparte este artigo