Home A Coruña A cuarta edición de A Pobra do Caramiñal no Tempo desenvolveuse nesta...

A cuarta edición de A Pobra do Caramiñal no Tempo desenvolveuse nesta fin de semana

- Anuncio -

Nesta fin de semana transcorreu a cuarta edición de A Pobra do Caramiñal no Tempo, as xornadas de divulgación sobre a historia e cultura pobrense. O programa comezou no sábado 25 con catro conferencias. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), foron os encargados de inaugurar esta nova convocatoria. A edil indicou que o obxectivo principal desta actividade radica en “ensinarnos un pouco o pasado do noso municipio para poder comprender un pouco máis o noso presente e, incluso, o noso futuro”, mentres que o rexedor puxo en valor o dinamismo e actividades culturais, ademais de que estas xornadas son “para desfrutar e aprender.”

Deseguido, procedeuse co primeiro relatorio: Da singular vida e obra do pobrense A. Paz Míguez, da man de Esperanza Mariño Dávila, quen sinalou que o caso deste autor “é singular en toda a literatura galega.” Fíxose así un repaso pola vida e obra deste pobrense, ademais de como ámbolos aspectos se influencian entre si, pois, por exemplo, nas súas obras narra parte da súa infancia no municipio.

Pola súa parte, Miguel Vidal Lojo impartiu Que nos contan os castros do Barbanza? Uns modelos de ocupación do territorio que se constitúen como as primeiras aldeas estables, existindo en Galicia arredor de 3.000 castros e dita cifra aproxímase ao número de parroquias da Comunidade. Achegou así diversos datos e manifestou que “seguramente os castros das Rías Baixas e da península do Barbanza tiveron unha evolución diferente a outros castros do interior.”

Tras un descanso, interveu brevemente Rubén Rial, ilustrador da lámina que se lle entregou como agasallo ás persoas asistentes e, despois, chegou a quenda de José Manuel Vázquez Lijó con Os Areos. O barrio industrial da sardiña no século XIX. Comezou a súa exposición dando conta do que era a zona dos Areos hai 200 anos e como este barrio emblemático se foi constituíndo a través da industria.

Aurora Marco López ofreceu a conferencia Mulleres entre dous séculos (XIX-XX). María Dios Rivademar, onde, inicialmente, deu conta da complicada situación que vivían os artistas plásticos, especialmente se eran mulleres. No caso concreto de María Dios Rivademar, fixo un repaso pola súa biografía. Así mesmo, falou doutras mulleres coma María Juana Figueirido Correa, Juana Domínguez Fernández e María Teresa Rego Maneiro.

Ademais, incluíuse unha visita, no domingo 26, ao barrio dos Areos e ao almacén de salga dos Villoch, na Laxe (Cabío).

As charlas do sábado 25 tamén foron retransmitidas pola canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal, onde permanece o vídeo gardado para quen desexe visionalo.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas