Home Deputacións Deputación Pontevedra O departamento de Lingua da Deputación leva a Redondela unha peza teatral...

O departamento de Lingua da Deputación leva a Redondela unha peza teatral sobre a infancia de Rosalía de Castro

- Anuncio -

‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’ representarase este domingo no Multiusos da Xunqueira ás 18.30 horas

A deputada María Ortega subliña que a Deputación pretende ampliar a programación sobre a autora, á que considera “bandeira de Galiza”

O departamento de Lingua da Deputación vai levar este domingo ao Concello de Redondela unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro, ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva.

Con esta iniciativa de xirar pola provincia unha nova visión sobre a figura de Rosalía, a deputada María Ortega subliña que a Deputación pretende ampliar a programación institucional sobre a autora, á que considera “bandeira de Galiza” e “unha figura de rabiosa actualidade e contemporaneidade”. “Queremos poñer en valor a vixencia de Rosalía, a súa reivindicación da lingua propia non só celebrando cada 24 de febreiro, senón dándolle máis traxectoria e artellando máis actividades sobre a súa figura ao longo do ano”, explica a nacionalista. De feito, a Deputación vén de aprobar recentemente a súa incorporación como ‘mecenas’ da Casa de Rosalía, coa que se van poñer en marcha outros proxectos.

A peza teatral ‘Rosalía. O lugar onde medran as poetas’ trata de achegar ao público unha Rosalía aínda nena nun momento crucial da súa vida. “As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi unha nena alegre que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor”, explican dende a compañía teatral.

Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.
Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsable de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís, e forman o reparto as dúas actrices Rocío González e Cristina Collazo, dúas imprescindibles nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

A xira pola provincia do teatro sobre a Rosalía ‘nena’ estará este domingo 3 de outubro no Concello de Redondela ás 18.30 horas no Multiusos da Xunqueira, cun aforo máximo de 100 persoas. Despois seguirá o 29 de outubro no Concello de Moaña; o 31 de outubro no Concello de O Rosal; o 20 de novembro no Concello Lalín; o 19 de decembro no Concello de O Grove; e o 29 de decembro no Concello de a Estrada, logo de pasar no mes de xullo polo Concello de Valga, a primeiros de agosto por A Cañiza e a finais por Cerdedo-Cotobade, así como tamén por Ponteareas a pasada semana.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas