Home A Coruña Contos para bebés con Rilo e Penadique na Biblioteca Municipal de Fene

Contos para bebés con Rilo e Penadique na Biblioteca Municipal de Fene

- Anuncio -

O dúo formado pola mugardesa Vero Rilo e Sonsoles Penadique volve a Fene este sábado para participar no ciclo de actividades de outono que se está a desenvolver na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé. A cita, prevista en dúas funcións -a primeira de 11.30 a 12.00 e a segunda de 12.30 a 13.00 horas- encádrase no programa FalaRedes 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O espectáculo, titulado “Derriba da lúa”, vai dirixido a nenos/as de 0 a 4 anos.

Para asistir, cómpre reservar praza no teléfono 981 34 23 02. Aforo limitado a 10 nenos/as máis
un/ha acompañante, en cada quenda.

“Derriba da lúa” é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 4 anos. En “Derriba da lúa”, as protagonistas convidarán aos asistentes a arrolar, contar, cantar e xogar xuntos para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.

Trala actuación deste sábado, o vindeiro xoves 7 de outubro, ás 18.00 horas, Polo Correo do Vento levará ao salón de actos da Casa da Cultura de Fene o espectáculo “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”, actividade baseada nunha publicación homónima na que ocolectivo pontevedrés pon música, narra e ofrece ilustracións realizadas por Tania Solla, sobre a biografía da escritora nada en Sarria, adaptada ao público escolar. Función dirixida a nenos/as a partir dos 5 anos. Aforo limitado a 35 participantes.

Para poder asistir será preciso inscribirse previamente ou de xeito presencial na propia biblioteca ou no teléfono 981 34 23 02.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas