Home O Morrazo Cangas Portas observa un nerviosismo crecente no señor Sotelo

Portas observa un nerviosismo crecente no señor Sotelo

- Anuncio -

• Segundo pasan os meses, o PP está moito máis nervioso que de costume, ao comprobar que con traballo e esforzo diario a alcaldesa está a conseguir o que eles non foron capaces en anos de goberno.

A alcaldesa Vitoria portas ve no Partido Popular de Cangas, un gran nerviosismo nos últimos meses, ao ver as declaracións de acusacións sen sentido e sen fundamento “inventadas por
aqueles que non teñen outra cousa que dicir”.

Están a actuar como polo sen cabeza, xa non saben que dicir para desacreditar a este goberno, ata o punto que xa vale todo, incluso as mentiras e falacias ás que nos ten afeitos o PP, só cabe lembrar que hai uns meses solicitaban a esta alcaldía, que tomase decisións contundentes coa desfeita das dunas de Rodeira, pois ben cando se toman esas decisións empezan a embarullar coma de costume, e resulta que o PP se dedica a dicir que hai unha factura que encargou a alcaldesa para esnaquizar as Dunas no concello e ten que pagar 6.000 euros. (Esta información perde todo o rigor, credibilidade e seriedade cando non se corrobora si é certa ou falsa, publicando igualmente inda que non sexa veraz de aí o de “minte que algo queda”)

Resulta que ao PP tamén lles preocupa que alcaldesa pague a factura do traballo realizado para reposición e peche das Dunas, por suposto nun tempo récord, para evitar multas do organismo oficial, está claro que eles eran os primeiros en solicitar que as solucións fosen inmediatas, e polo visto non lles gustou que isto se resolvese con axilidade.

Pero a cousa non queda aí, poden seguir coas súas mentiras, ao dicir neste mesmo medio, cómplice necesario dos partidos da oposición, que eu estaba a inaugurar a E.D.A. R de Donón, cando o único que estaba a facer era revisando como ían os traballos, pero para o PP todo vale, como iso tampouco lles funcionou resulta que levaba mais de 6 meses en recibir a devandita obra en Donón, e que era unha incompetente, cando no último pleno puideron comprobar como a empresa presentou o documento para a súa recepción o 30 de agosto de este ano, e estanse realizando os traballos pertinentes, para comprobar se todo está en regra.

Pero como todo isto non lles está funcionando agora resulta que a alcaldesa está a pagar a empresas para que a asesoren na súa xestión de imaxe, “xa non se pode caer máis baixo”. Seguen mentindo cando din que non lles contesto a ver quen me asesora na miña imaxe, simplemente por que NON TEÑO QUEN ME ASESORE A MIÑA IMAXE, “non sei o PP a que estaba afeito cando gobernaban”, pero a miña imaxe é a mesma de antes e creo que desde que son alcaldesa non a cambiei moito, e para isto pregúntanme por unhas facturas de publicidade institucional que se contratan con varios medios que dispoñen de xornais dixitais, informativos e publicitarios, que por casualidade resulta que as súas propietarias son mulleres emprendedoras, entre as facturas mencionadas no día de hoxe no (no xornal de sempre) hai algunha muller emprendedora que o PP coñece ben, algo que á oposición se cadra parécelle mal que unha muller poida ser emprendedora e teña máis dunha empresa….
inventando mentiras apoiadas por outros que teñen os mesmos intereses que o PP, e tentando desviar a atención dos asuntos realmentente importantes que nestes momentos temos encima da mesa.

Esta alcaldía non vai deixar de informar a todos e todas as veciñas de Cangas, nin de tentar que o turismo e o Deporte de Cangas sexa un referente provincial, autonómico, estatal e mesmo mundial se é necesario, e se para iso teño que promocionar todo o bo que hai en Cangas, seguirei facéndoo, encántame que alí por onde vou díganme que Cangas é un paraíso e berce de campións e sobre todo lembrar ao señor Sotelo que a transparencia desta nova alcaldesa é total, non perda o tempo buscando cousas que non existen e dedíquese a traballar polos seus veciños, aínda estamos a esperar polo camión prometido pola Xunta e non vexo que vostede diga nada, pero claro……

A alcaldesa está moi satisfeita, de que a oposición só poida preocuparse da súa imaxe o que dá a entender que todo o demais esta funcionando á perfección, anima ao PP a que continúe coas súas mentiras, e entren no xogo do PSOE e que sigan tan preocupados de como van as conversacións con ese grupo porque polo visto saben máis que a propia alcaldesa.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas