Home Pontevedra Poio O BNG leva ao Parlamento Galego a praza de Xeografía e Historia...

O BNG leva ao Parlamento Galego a praza de Xeografía e Historia do IES de POIO

- Anuncio -

Luís Bará rexistrou hoxe unha proposición non de lei e preguntas ao goberno para que de maneira inmediata se dea resposta a esta demanda e se garantan os dereitos do alumnado

O deputado nacionalista califica de racanería miserábel e inxusta a actitude da consellaría
O BNG trasladou hoxe ao parlamento galego a demanda da comunidade educativa do IES de Poio para que cubra de maneira inmediata a praza de docente de xeografía e historia con
destino definitivo no centro. Esta praza está vacante desde o inicio do curso porque a persoa titular está ocupando un posto nun organismo da Xunta e a consellaría non enviou outra docente para substuila.

Para o deputado nacionalista Luís Bará estamos diante dun novo exemplo de racanería miserábel e inxusta por parte da Xunta do PP, que está a privar dos seus dereitos ao alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato do centro, que en lugar de recibir as clases con normalidade ten que ser atendido por profesorado de garda.

Para o BNG trátase dunha situación insostíbel, absurda e inxusta, causada por un erro da
consellaría e que debe ser resolta de xeito inmediato. Por este motivo, e diante da reiterada
negativa da consellaría de educación a resolver esta xusta demanda, o BNG vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentares, por trámite de urxencia, para reclamar ao goberno galego que cubra a praza de docente de xeografía e historia do IES de Poio. Segundo Bará estamos diante dunha situación absurda e inxusta, que se pode resolver de hoxe para mañá xa que hai docentes nas listas de substitucións que poderían incorporarse ao centro en cuestión de horas.

Ademais, o BNG amosa todo o apoio ás mobilizacións iniciadas pola comunidade educativa do IES de Poio e á de todos os centros que lle están facendo fronte aos recortes de profesorado impostos pola Xunta, difíciles de entender nun contexto como o actual marcado polas consecuencias da pandemia e pola necesidade de reforzar os medios humanos e materiais do ensino público

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas