Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu edita un xogo da igualdade para visibilizar as...

O concello de Bueu edita un xogo da igualdade para visibilizar as mulleres e loitar contra a violencia machista

- Anuncio -

• Este venres, o salón de plenos do Concello de Bueu acolleu o acto de presentación deste xogo que se distribuirá aos colexios para o traballo co alumnado

• Félix Juncal, alcalde de Bueu, salientou que “é unha ferramenta útil que permitirá incidir no futuro igualitario e feminista”

O Concello de Bueu, a través da concellaría de igualdade, elaborou un xogo da igualdade destinado aos centros educativos da vila. Esta iniciativa insírese na liña de colaboración establecida coa comunidade educativa porque, tal e como salientou Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, na rolda de prensa celebrada este venres, “as novas xeracións son o presente e o futuro e por iso propoñemos proxectos que traten a igualdade e que fomenten a reflexión”. Así, este xogo da igualdade, que foi deseñado pola empresa Andamiaxe con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do ano 2020, concíbese coma un xogo de mesa “lúdico, ameno e divertido” no cal as persoas participantes deben tratar de adiviñar unha serie de preguntas sobre conceptos básicos de igualdade de xénero, co fin de erradicar o sexismo na sociedade e previr as violencias machistas.

Deste xogo editáronse quince copias, das que se entregaron dúas a cada un dos centros educativos da vila, tanto de primaria (CEIP A Pedra, CEIP Torre Cela, CEIP Montemogos de Beluso, CPR Virxe Milagrosa) como de secundaria (IES Johán Carballeira e IES Illa de Ons). A través del difundiranse contidos básicos de xénero a través da teoría feminista, cuestións arredor da socialización e das identidades de xénero, a prevención da violencia de xénero, as alternativas coeducativas e a igualdade en Bueu. Félix Juncal, alcalde de Bueu, apuntou que “é unha ferramenta útil que permitirá incidir no futuro igualitario e feminista, e cambiar este presente e pasado negros”. Pola súa banda, Montserrat González, directora do Centro de Información ás Mulleres, fixo fincapé na liña de colaboración cos centros educativos, pois “é importante traballar a coeducación dende as idades máis temperás para previr a violencia de xénero”.

Así mesmo, dende a concellaría de igualdade xa están traballando na programación de cara ao 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, e que este ano presentará unha campaña de cápsulas informativas que se difundirán nas redes sociais e da que se fixo un avance aos centros educativos, concretamente de dous vídeos sobre a eliminación do sexismo nos videoxogos e sobre o uso responsable das redes sociais.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas