Home Pontevedra A Paradanta Arbo: O Viño e as súas Adegas

Arbo: O Viño e as súas Adegas

- Anuncio -

• Un total de dez adegas conforman a industria do viño en Arbo.
• Enoturismo en Arbo: un turismo diferente, cheo de arraigamento, cultura e tradición

O municipio de Arbo é o prototipo de zona que conta cun microclima propio. A influencia atlántica da que gozan estas terras, con temperaturas suaves e precipitacións abundantes, permítelle, dispoñer das horas de sol necesarias para que as uvas alcancen o seu punto exacto de madurez e chegado o momento, poida dar un viño de excepcional calidade lexitimado por unha historia secular.

Encadrados dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, os viños de Arbo presentan exhaustivos controis de calidade que comezan xa nas propias parcelas, coa inspección das mesmas e o estudo das características dos viñedos. Estes rigorosos controis, continuarán posteriormente durante a vendima, comprobando a uva que entra en cada unha das adegas.

Un total de doce adegas conforman a industria do viño en Arbo, sendo a actividade vitivinícola base da economía para os arbenses, que de forma tradicional seguen mantendo os seus viñedos e os seus viños – informa o alcalde de Arbo – Horacio Gil, moitas delas cunha tradición familiar, con coñecementos transmitidos de pais a fillos.

As adegas de Arbo souberon estar, á altura das circunstancias e adecuáronse ás novas técnicas de produción, pero sobre todo souberon atopar o máis difícil, o punto xusto de compatibilidade entre o cultivo e recollida artesanal da uva e a aplicación posterior de tecnoloxías de vangarda para a súa produción, mantendo unha calidade excepcional en todos os seus caldos.

“Os viños de Arbo, nas súas distintas variedades, son o acompañamento ideal para toda clase de pratos. Por iso supoñen un magnifico complemento á coidada gastronomía da zona” – prosegue o alcalde.
Do mesmo xeito que sucede co propio municipio, ofrecen magníficos contrastes. Variedades como o caíño, brancello, espadeiro e pedral, dan como froito un apetecible tinto. Albariño, Torrontés, Treixadura ou Loureiro, brindan viños brancos de exquisito padal e delicada fragrancia, monovarietales de albariño e polivarietales de albariño treixadura e loureira, que, do mesmo xeito que sucede cos demais brancos de Denominación de Orixe Rias Baixas, son secos, intensamente afrutados e cun retrogusto moi fino e prolongado.

A ribeira do Miño e os viñedos configuran a paisaxe e descobren unha antiga historia; Pesqueiras e Viñas conviven desde hai séculos nunha perfecta harmonía natural, necesaria e complementaria. Entre o tempo que transcorría entre armar e levantar a rede na captura do peixe, os arbenses, aprendían a plantar, enxertar, podar… as vides
“A nosa gastronomía complétase cos mellores produtos da terra e, por suposto, cun bo viño. Cada final de verán, as nosas adegas recollen a uva de forma artesanal. O enoturismo é un dos nosos puntos fortes. O visitante goza tanto observando a vendima como catando un bo condado ou Albariño” – manifesta o rexedor arbense. Horacio Gil
O enoturismo vívese en Arbo, e a través dos roteiros guiados polas adegas, o visitante poderá coñecer de primeira man, o labor tan interesante que realizan os adegueiros deste Municipio. Algunhas das adegas, están situadas en antigos pazos, casas señoriales….
Na visita, non poden deixar de gozar do Enoturismo en Arbo: un turismo diferente, cheo de arraigamento, cultura e tradición

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas