Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén finaliza os traballos de asfaltado no Camiño Merouces-Cachopeira, na...

Pazos de Borbén finaliza os traballos de asfaltado no Camiño Merouces-Cachopeira, na parroquia de Cepeda

- Anuncio -
  • A actuación realizouse en seis tramos ata completar un total de case 2500 metros cadrados de novo firme
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar os traballos de asfaltado e acondicionamento no camiño de Merouces- Cachopeira, na parroquia de Cepeda. A mellora, financiada a través da Xunta de Galicia, inclúe a renovación da capa de rodadura e regularización de cunetas nun camiño de case un quilómetro de lonxitude e tivo un custo de 29.975,01 euros.
  • Os traballos de asfaltado dividíronse en seis tramos para evitar cortes prolongados de tráfico e molestias prolongadas aos usuarios da vía. Entre as tarefas realizadas estaba a roza e limpeza das cunetas, marxes e tubos para a condución de pluviais ademais dunha regularización previa do firme e o realce das tapas de rexistro situadas na calzada.
  • En total a mellora dotou de 2.429 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de aumentar a seguridade e confortabilidad do tráfico ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, agradeceu ao ente autonómico a súa achega para poder levar a cabo esta mellora destacando que “os pequenos camiños son fundamentais para a mobilidade de moitos veciños e os municipios do rural temos unha gran cantidade de pequenas estradas con moi pouco orzamento para mantelas, polo que toda axuda é ben recibida”, finalizou o rexedor

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas