Home Ourense O Concello obtén dúas parcelas estratéxicas para o desenvolvemento termal das Burgas

O Concello obtén dúas parcelas estratéxicas para o desenvolvemento termal das Burgas

- Anuncio -

A xunta de goberno aprobará mañá a consolidación do dereito de propiedade do Concello sobre as dúas parcelas expropiadas á empresa Xardín das Burgas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, a proposta da Concellería de Urbanismo, acordará na súa sesión de mañá, xoves 14 de outubro, a consolidación definitiva do dereito de propiedade do Concello de Ourense sobre as parcelas número 1 e 2 do proxecto de expropiación da Área de Reparto “As Burgas”, do Plan Especial de protección do BIC do sitio histórico das Burgas. Trátase de dúas parcelas que o Concello lle expropiara no seu día á empresa Xardín das Burgas, e que resultan estratéxicas para o desenvolvemento deste espazo termal.

O Concello consolida o seu dereito á propiedade desta dúas parcelas, logo de que a empresa non manifestase expresamente a vontade de recuperar a súa propiedade, previa devolución das cantidades percibidas como xustiprezo pola súa expropiación, no prazo de 3 meses dos que dispuxo desde que se lle notificou o acordo da Xunta de Goberno Local de data 26 de novembro de 2020 no que se lle outorgaba a dita posibilidade.

Por este motivo, e unha vez superado amplamente o prazo concedido, o Concello declarará mañá en xunta de goberno local a renuncia da empresa ao dereito de restitución e a consolidación definitiva da propiedade destas parcelas por parte do Concello.

O goberno municipal valora este acordo como un paso moi importante para o desenvolvemento do espazo termal das Burgas e a súa contorna, dado que permite obter dúas parcelas estratéxicas neste espazo de extraordinaria importancia para a cidade pola súa significación histórica e polo seu potencial.

O acordo da xunta de goberno de 26 de novembro de 2020 incluía tamén a restitución doutras 5 parcelas de diferentes propietarios na mesma área de reparto, cuxos expedientes se atopan actualmente en tramitación.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas