Home A Coruña A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das...

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

- Anuncio -

― Iniciaranse estas tarefas na estrada AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo; na LU-540 ao seu paso polos municipios lucenses de Muras e de Xermade; e na OU-402, nos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo de Miño

― Proseguirán os labores iniciados en semanas pasadas na vía de altas prestacións VG-1.4, en Fisterra; na CG-2.2 Lugo-Sarria; e na estrada LU-934, en Friol

― Continuarán tamén os traballos na OU-504 en San Cristovo de Cea; na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; e na vía de altas prestacións VG.-4.4 Lourizán-Ardán, en Pontevedra e en Marín

― Estas actuacións de conservación contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas, e a reforzar a seguridade viaria, pois a limpeza das vías aumenta a visibilidade e afasta da calzada animais como xabarís ou corzos

― O departamento que dirixe Ethel Vázquez investiu, desde o ano 2018, 6,8 M€ nas tarefas de control da biomasa nas vías autonómicas, realizadas a través de Seaga

A Xunta comezará este luns novas tarefas de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense.

Iniciaranse, concretamente, os traballos na estrada AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo; na LU-540 ao seu paso polos municipios lucense de Muras e de Xermade; e na estrada OU-402, nos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo de Miño.

Ademais proseguirán os labores iniciados en semanas anteriores na vía de altas prestacións VG-1.4, que comunica Cee e Sardiñeiro, no concello de Fisterra; na CG-2.2 Lugo-Sarria, ao seu paso polos municipios de Lugo, do Corgo, do Páramo e de Sarria; e tamén na estrada LU-934, en Friol.

Tamén se continuará cos traballos de limpeza na vía ourensá OU-504 en San Cristovo de Cea; na estrada PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; e na vía de altas prestacións VG.-4.4, Lourizán-Ardán, en Pontevedra e en Marín.

Reforzo na conservación das estradas
Estas actuacións, que se realizan a través da encomenda a Seaga, completan as que a Xunta realiza ao longo do ano mediante os servizos ordinarios de conservación de estradas. Así, impúlsase a roza de vexetación de dominio público das estradas autonómicas e o apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
As tarefas contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á estrada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.
Con estes traballos tamén se dá cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das estradas.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas da súa competencia, engadindo aos medios de conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga.
Este ano, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renovou a encomenda á empresa pública Seaga para a realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, cun investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 o Goberno galego leva investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Publicacións Relacionadas