Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense e Xunta de Galicia colaborarán na recuperación para...

A Deputación de Ourense e Xunta de Galicia colaborarán na recuperación para 2022 da Festa da Vendima de Monterrei

- Anuncio -

Ademais de promocionar os viños da comarca tamén se porán en valor os seus recursos turísticos, patrimoniais e culturais, “nunha demostración máis da forte aposta que desde hai anos mantén este goberno provincial por un dos sectores estratéxicos na economía ourensá”, destacou Manuel Baltar tras reunirse no Pazo Provincial co conselleiro do Medio Rural, José González, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e a presidenta da Denominación de Orixe Monterrei e da Ruta do Viño, Lara da Silva

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia colaborarán na recuperación da Festa da Vendima de Monterrei, a celebrar en outubro de 2022, nunha cita na que ademais de promocionar os viños da comarca tamén se porán en valor os seus recursos turísticos, patrimoniais e culturais, “nunha demostración máis da forte aposta que desde hai anos mantén este goberno provincial por un dos sectores estratéxicos na economía ourensá”, destacou o presidente Manuel Baltar logo da reunión que se celebrou no Pazo Provincial coa asistencia do conselleiro do Medio Rural, José González, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e a presidenta da Denominación de Orixe Monterrei e da Ruta do Viño, Lara da Silva.

O acordo alcanzado entre a Deputación e a Xunta permitirá darlle un novo impulso a esta festa, “o que tamén se reflectirá na comarca en xeral e no concello de Monterrei en particular, pois un dos aspectos que tamén que se potenciará está relacionado coa Ruta do Viño, que actúa como outro factor de promoción para a zona”, sinalou Manuel Baltar.

Para a Consellería de Medio Rural, citas como a Festa da Vendima de Monterrei potencian tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios vitivinícolas. Así, a posta en marcha da estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia persegue consolidar os viños galegos nos mercados nacional e internacional e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas