Home Ourense O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia co obxectivo...

O alcalde asiste á feira de equipamentos e servizos Municipalia co obxectivo de “coñecer o mellor do mercado e traelo a Ourense”

- Anuncio -

Gonzalo Jácome foi recibido pola tenente de alcalde de Lleida, Sandra Castro, e visitou o expositor da empresa ourensá Formato Verde

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou no día de onte á feira internacional de Equipamentos e Servizos municipais, Municipalia, que se desenvolve na localidade catalá de Lleida. A finalidade da visita é coñecer de primeira man as últimas novidades do sector e establecer contactos con provedores de concellos coa finalidade de mellorar a dotación de recursos de diferentes servizos municipais. “Queremos coñecer o ,mellor do mercado e traelo a Ourense”, asegurou o rexedor.

Coa vontade de apoiar a industria local, Pérez Jácome visitou o expositores da empresa ourensá Formato Verde, que desenvolve a súa actividade no sector do equipamento para a recollida de residuos urbanos, e que foi unha das estrelas da feira.

No decurso da visita, o alcalde foi recibido pola tenente de alcalde do Concello de Lleida, Sandra Castro i Bayona, concelleira de Educación, Cooperación, Dereitos Civís e Feminismos, no expositor da cidade de Lleida.

Municipalia é un evento que se desenvolve do 19 ao 21 de outubro cunha alta participación de compañías referentes do sector, empresas innovadoras e grande variedade de xornadas técnicas. O seu obxectivo, explica a organización, é “achegar solucións para optimizar a xestión municipal con propostas pioneiras e sostibles para o progreso das cidade s e para a rendibilidade dos investimentos”. A mostra reúne 300 expositores cunha superficie total de exposición de 21.500 metros cadrados e un programa con máis de 40 actividades paralelas.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas