Home Ourense O Concello concédelle o XXII Premio Risco de creación literaria á novela...

O Concello concédelle o XXII Premio Risco de creación literaria á novela ‘A casa da mina’, de Mª Carmen Caramés

- Anuncio -

Presentáronse 27 traballos, 17 máis que a pasada edición.

O premio é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

O Concello de Ourense concedeulle á novela ‘A casa da Mina’, de Mª Carmen Caramés Gorgal, o Premio Risco de creación literaria 2021, organizado xunto á Fundación Vicente Risco. O xurado desta XXII edición, formado por Xesús Marcos López, último gañador do certame, a profesora Susana Losada Soto e a directora da Bilbioteca Nós, Rosa Díaz Naya, premiou a súa “atinada descrición da miseria do rural, nun relato de superación da súa protagonista feminina”. Trátase, segundo a súa deliberación, “dunha novela de lectura amena, crítica cos poderes establecidos, onde unha igrexa omnipresente condiciona a vida da xente”.

A novela vencedora, elixida de entre as 27 propostas presentadas este ano -17 máis que a pasada edición- é o relato, en primeira persoa, dunha muller que rememora os tempos de traballadora nas minas de wolfram de Varilongo, e de como a mina cambiou a súa vida. É tamén unha historia de solidariedade e de resistencia contra o franquismo, onde hai unha homenaxe valente ás mulleres sobreviventes.

O premio Risco de creación literaria é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

Relacionadas

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

Publicacións Relacionadas