Home A Coruña O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de axudas a entidades...

O vindeiro luns abre o prazo de solicitude de axudas a entidades sen fins de lucro do Concello de Fene

- Anuncio -

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto das bases reguladoras da convocatoria de
subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2021,
do luns 25 de novembro ao luns 8 de novembro ás 14.00 horas permanecerá aberto o prazo de
solicitude destas axudas que teñen como finalidade: contribuír ao normal funcionamento do tecido
asociativo (gasto corrente); mantemento de instalacións, así como a realización de actividades de carácter cultural, deportivo, educativo, de defensa dos dereitos da veciñanza e gastos de funcionamento. A contía que destina o Concello de Fene a esta convocatoria é de 105.800 €, incrementándose o importe máximo de subvención por entidade no caso das deportivas e culturais.

Tanto as solicitudes de subvencións como a xustificación presentaranse por sede electrónica
(https://sede.fene.gal/opencms/gl/ ou https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do) ou por calquera outro dos medios contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015. Non se admite a presentación en papel no Rexistro Xeral.

Poderán optar a estas subvencións as entidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, sexan sen ánimo de lucro; teñan sede e desenvolvan as súas actividades no Concello de Fene; estean legalmente constituídas e estean inscritas no rexistro correspondente cos datos actualizados; non estean incursas nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para ser beneficiarias ou percibir subvencións da Administración pública dispostas no artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións; e que as actividades para as que se solicita subvención sexan de interese para o Concello.

Serán subvencionables as actividades que se desenvolvan ao longo do exercicio de 2021 ou, no caso das que duren un curso académico ou tempada deportiva, as realizadas no curso/tempada 2020/2021. Este ano, con carácter excepcional e dada a suspensión de moitas competicións deportivas durante a tempada, serán subvencionables os gastos derivados da inscrición de equipos, fichas federativas, mutualidades e equipacións correspondentes aos primeiros meses da tempada 2021-2022, sempre que se realizaran e se aboaran con anterioridade ao prazo fixado para a xustificación do investimento da subvención. Por outro lado, e tamén con carácter excepcional, poderán presentar a efectos de baremación os equipos cos que saen na tempada 2021- 2022. Admitiranse como xustificantes de gasto os realizados e pagados nos primeiros meses da tempada 2021- 2022. As axudas aboaranse nun único pagamento unha vez rematado o período de xustificación, sinalado para o 29 de novembro.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas