Home A Coruña O Liceo de Betanzos acollerá ata o 20 de novembro a exposición...

O Liceo de Betanzos acollerá ata o 20 de novembro a exposición coas imaxes finalistas do I Concurso de Fotografía do Camiño Inglés

- Anuncio -

A mostra foi inaugurada polo presidente e a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás e Cristina García, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Luís Lagares

O Liceo de Betanzos acollerá ata o 20 de novembro unha exposición coas 21 imaxes finalistas do I Concurso de Fotografía do Camiño Inglés. Unha mostra que foi inaugurada na noite do venres polo presidente e a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás e Cristina García, e o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Betanzos, José Luís Lagares.

A exposición recolle 21 das 112 fotografías presentadas á primeira edición deste concurso, promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación El Camino Inglés. Manuel Mirás agradeceu a colaboración do Concello de Betanzos “á hora de facilitarnos un escenario como o Liceo para acoller unha exposición coa que buscamos poñer en valor os recursos de cada un dos municipios do Camiño. Ademais, dado que foron feitas tanto por peregrinos como por veciños da zona, nos ofrece un punto de vista moi interesante”.

Esta exposición iniciou a súa itinerancia en Ferrol, coincidindo coa celebración da Primavera no Camiño, e xa puido ser vista polos veciños e veciñas de Neda, Ordes e Fene. “A nosa intención é continuar polos outros doce municipios que forman parte da Asociación”, indica Manuel Mirás.

Presenza en Fairway

Por outra banda, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés participará na cuarta edición do Fairway, do 7 ao 9 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago. A entidade estará presente no stand da Deputación da Coruña. Así mesmo, o seu presidente participará o luns 8 de outubro, ás 11:30 horas, na mesa de debate “Reactivando o Camiño de Santiago”, que será presentada por Melchor Fernández, coordinador do grupo de investigación GAME-IDEGA. Unha mesa na que se analizará o estado actual dos Camiños despois de máis de ano e medio de pandemia e os cambios que isto supuxo na xestión das diferentes rutas.

Manuel Mirás porá en valor o labor desenvolto pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, entidade que agrupa a 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea e que busca “acadar o equilibrio entre o desenrolo económico e a conservación do Camiño, así como mellorar as infraestruturas da ruta para facer que a experiencia do peregrino sexa memorable”.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas