Free Porn
xbporn
Home A Coruña 300 escolares percorreron Carballo no “trolebús literario”

300 escolares percorreron Carballo no “trolebús literario”

- Anuncio -

Os centros educativos interesados poden solicitar as visitas guiadas a través do enderezo electrónico comunicacion@carballo.gal

Un total de 290 escolares carballeses participaron xa nas visitas guiadas que organiza a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística a bordo do trolebús literario que percorre os recunchos urbanos vinculados aos autores da contorna ou ás súas obras.

Esta semana realizaron a actividade dous grupos do CEIP Plurilingüe A Cristina. Nos últimos meses tamén foron de ruta nenos e nenas dos colexios Xesús San Luís Romero e Fogar, e xa temos programadas ata fin de curso varias saídas literarias con outros centros, pero se algún máis está interesado só ten que realizar a solicitude correspondente a través do enderezo electrónico comunicacion@carballo.gal.

O trolebús literario é un vehículo imaxinario cun condutor de primeira como Hadrián García, historiador e guía, que transporta aos nenos e nenas polas nosas rúas para darlles a coñecer os autores e autoras locais, a literatura inspirada no noso concello e os recunchos dos que parte esa inspiración. Ademais dun importante recurso cultural, o Mapa Literario de Carballo é unha ruta turística e constitúe unha nova aposta pola mobilidade sostible.

O mapa inclúe dúas liñas, cada unha das cales ten varias paradas. A Liña 1 xa está sinalizada, de xeito que nas paradas atoparemos un panel co esquema da ruta, o fragmento ao que fai alusión esa parada, o nome do autor ou autora e un código QR que enlaza coa páxina web do Mapa Literario de Carballo. En breve procederase tamén á sinalización da Liña 2 e para estreala realizarase unha saída aberta a toda a cidadanía.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas