Redacción

Alternativa foi crítica co desenvolvemento do pleno celebrado onte. O grupo denuncia que ningunha das preguntas formuladas foron respostadas.

O alcalde tampouco permitiu votar os acordos solicitados no pleno, nin deu paso ás correspondentes quendas de intervención dos membros da corporación.

Entre as cuestións sen aclarar, Alternativa destaca que non existe unha parcela dispoñible nin un expediente municipal iniciado para a instalación do módulo da FP, a pesar das manifestacións realizadas polo alcalde.

O grupo tamén cuestiona que non houbo unha comunicación real coa comunidade educativa, lembrando que o rexedor non asistiu nin o claustro de profesorado nin ao Consello Escolar, malia estar invitado polo propio director do centro.

Alternativa tamén lamenta que non se aclarase a denuncia feita pola Asociación Veciñal Val de Culleredo que censurou o cambio de criterio do alcalde de Carral; o cal estaba a apoiar un proxecto común para implementar un centro en Sésamo de FP, Bacharalato e ESO para dar servizo aos municipios de Carral, Culleredo e Cerceda. Solicitando eliminar ó Concello de Carral apenas uns días antes de facerse pública a noticia da FP básica.

“As familias, o profesorado e o equipo directivo merecen información clara e veraz. Este pleno evidenciou a falta de transparencia e de planificación nun ausnto de enorme importancia para o futuro do centro educativo”, sinalan dende Alternativa.

Comparte este artigo