Free Porn
xbporn
Home A Coruña A avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa é unha realidade

A avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa é unha realidade

- Anuncio -

· Sandra Insua descubriu hoxe a nova placa, despois de que se aprobara nun pleno extraordinario a proposta do goberno local.

· A rexedora destacou “a súa calidade humana e a súa capacidade para escoitar” e fixo un repaso polos logros que conseguiu durante o seu mandato.

Desde hoxe, sábado 22 de xuño, o exalcalde de Camariñas Juan Bautista Santos Ramos conta cunha avenida co seu nome. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, foi a encargada de descubrir a nova placa, tras aprobarse por unanimidade nun pleno extraordinario a proposta do goberno local para rebautizar a anterior avenida Eugenio López.

A rexedora destacou “a súa calidade humana, a súa capacidade para escoitar e a súa dedicación aos veciños e veciñas de Camariñas, que o fixeron merecedor do respecto e o cariño de todos. Juan Bautista dedicou toda a súa vida a conseguir o benestar e o progreso da nosa vila, deixando unha pegada indeleble no corazón de todos nós”.

Durante o seu discurso, Insua fixo un repaso polos moitos logros que conseguiu Juan Bautista durante o seu mandato e salientou que “grazas ao seu esforzo e dedicación, Camariñas conta con moitas das infraestruturas das que dispón hoxe en día”.

“Conseguiu, entre outras moitas cousas, levar a cabo a Escola Infantil, o centro de saúde para a Ponte do Porto, a traída para Camelle e Arou, a reforma da praza de San Xurxo, a ampliación do dique do porto de Camariñas, a ampliación dos acceso ao porto e do dique de Camelle, a traída a Santa María, o instituto, o paseo da Ponte do Porto, o de Camelle , o campo de fútbol de Camariñas, a Casa de Pedra, o Museo do Encaixe…”, indicou.

Tamén fixo fincapé en que “el foi o verdadeiro impulsor da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrou por primeira vez no 1991. El quería poñer en valor ás nosas palilleiras e ao encaixe e conseguiuno, agora a Mostra é unha pasarela de moda internacional e o encaixe é un produto exclusivo que usan os máis distinguidos deseñadores para darlle valor ás súas coleccións”.
“E, por suposto, tamén foi el, quen se non, quen impulsou a primeira Escola Taller da Costa da Morte. Unha escola que se inaugurou en 1992 e onde moitos camariñáns e camariñanas se formaron e despois desenvolveron a súa vida profesional en sectores como o da carpintería, o encaixe ou a acuicultura”, engadiu.

Por todo isto, “co desexo de manter viva a súa memoria e de recoñecer publicamente a súa inmensa contribución ao desenvolvemento de Camariñas, propoño que dende o Concello se proceda a nomear a Avenida Eugenio López como Avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos”.

“Este xesto simboliza o noso agradecemento e admiración por todo o que fixo por nós. Juan Bautista non só foi un gran alcalde, senón tamén un home exemplar, un amigo, cuxa entrega e devoción seguirán inspirándonos durante moitos anos”, rematou.

No acto estivo presente toda a corporación municipal, que se desprazou ata a avenida para descubrir a placa co novo nome.

Relacionadas

As nenas e nenos da Aldea de Verán de San Sadurniño conciéncianse sobre o...

0
A rapazada da Aldea de Verán de San Sadurniño participou esta mañá nas actividades do programa Lecer Consumo da Escola Galega de Consumo da...

O Concello comeza a urbanización da avenida da Sardiñeira, con melloras de accesibilidade e...

0
Os traballos, que durarán 14 meses, serán clave para dotar de mellores accesos á futura estación intermodal Haberá sentido único cara a rolda de Outeiro...

O Concello de Noia inaugura un tramo restaurado do Camiño de Santiago da Ría...

0
Esta actuación, entre Pontenafonso e Orro, é a primeira dunha serie de obras de posta en valor desta ruta xacobea de cara ao Ano...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

O Concello contrata o mantemento das zonas verdes para os próximos catros anos

0
Resolveuse o concurso público do contrato para o mantemento de zonas verdes. O investimento será de 5,3 millóns de euros por un período total...

Neda abre unha lista de emprego para a cobertura interina de prazas de oficial...

0
O prazo para solicitar a participación no proceso selectivo remata o 30 de xullo O Concello de Neda vén de publicar as bases e a...

Publicacións Relacionadas