Home A Coruña A Concentración Moteira SinFrenos fai xa dez anos de historia facendo ruxi-los...

A Concentración Moteira SinFrenos fai xa dez anos de historia facendo ruxi-los motores na Pobra

- Anuncio -

A Concentración Moteira SinFrenos fai xa unha década de traxectoria sobre dúas rodas cunha participación da cal se agarda que se sitúe nas máis de seiscentas motos. Esta cita chega nesta fin de semana, organizada polo Motoclub SinFrenos, coa colaboración de varias entidades e o Concello da Pobra do Caramiñal.

Ao acto de presentación asistiu o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen destacou a importancia destes “dez anos de traballo a prol do motociclismo, de lle dar visibilidade a esta disciplina e de xerar na comarca un espírito de comunidade arredor deste deporte.” Trátase dun evento que “move xente e esperta o interese da veciñanza, polo cal non só ten un impacto deportivo, senón tamén social e económico”, precisou o edil. Por parte do citado club estiveron a presidenta, Sonia Villar, e os socios Enrique Rañó e José Manuel López, para daren conta da programación.

Iniciarase no sábado 11, ás 16.00 horas, coa formalización das inscricións no aparcadoiro municipal da contorna do paseo dos Areos. Existen varias opcións para sumarse: completa, por 40 euros (con bolsa de agasallos), ou só xantar ou cea, por 20 euros. Pouco despois, ás 17.30 horas, arrancará a ruta en moto cunha parada no bar O Campiño para uns petiscos e regresar ao centro da localidade para asistir á primeira sesión da exhibición Cajó Stunt Rider (dúas veces campión ibérico, en 2019 e 2020), xogos, moto lenta e proba de sons de escapes. Entregaranse premios consistentes en trofeos e consumición de balde. Xa pola noite, ás 21.15 horas, cearán no Centro Sociocomunitario e de Benestar, para regresaren despois á contorna dos Areos a outra exhibición de stunt, a partir das 23.30 horas, e darlles paso aos DJ Matrek e Tito Maverick, das 00.15 horas en diante.

Xa o domingo 12 comezará cun almorzo no centro sociocomunitario indicado para, ás 11.30 horas, botarse novamente ás estradas nun itinerario por varios municipios e volver para o xantar, ás 14.30 horas, e face-la entrega de premios.

As reservas aínda se poden efectuar a través dos teléfonos de contacto 616134404 e 636501322.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas