Alternativa quere coñecer como afectará esta nova licitación do Consorcio de As Mariñas ao servizo de recollida e eliminación de lixo en Carral.
Alternativa demandou ao goberno municipal información sobre as novidades do servizo de xestión de residuos co obxectivo de coñecer como afectará ao funcionamento actual no Concello de Carral.
O grupo xa trasladara previamente ao Consorcio diversas propostas de mellora do servizo, recollendo demandas da veciñanza relacionadas co servizo.
Na pasada semana, o pleno do Consorcio trasladou aos diferentes representantes dos Concellos a proposta dos pregos que recollen as novas condicións do servizo de recollida e tratamento do lixo.
Ante esta situación, Alternativa rexistrou unha solicitude formal de información para coñecer se as peticións veciñais foron incorporadas, así como saber as melloras realizadas polo goberno local e os cambios concretos que suporá o novo contrato para o municipio.
Dende o grupo subliñan que un cambio deste alcance no pode producirse sen información clara nun servizo tan esencial para a veciñanza.

