· O Concello, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Asociación Fotográfica Maruja Roca, inauguraron esta tarde a exposición “Fotografa e compromiso. Unha homenaxe á mirada de Anna Turbau”.
O edificio cultural da Senra acolleu esta tarde a inauguración da exposición “Fotografa e compromiso. Unha homenaxe á mirada de Anna Turbau”, un emotivo percorrido pola obra da fotoperiodista recentemente falecida, que documentou con sensibilidade a loita das veciñas e veciños de Guísamo en contra da construción da autoestrada AP-9.
A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, afirmou que “a obra de Anna Turbau é un legado imprescindible para entender quen somos, de onde vimos, e tamén que futuro queremos construír”. A mostra, organizada entre o Concello, o Consello da Cultura Galega e a Asociación Fotográfica Maruja Roca, coincide co 50 aniversario das mobilizacións sociais contra a construción da Autoestrada do Atlántico, un momento histórico que Turbau inmortalizó co seu cámara.
A rexedora lembrou que Turbau, “estivo moi involucrada neste proxecto ata poucos días antes do seu falecemento, ou pasado 19 de marzo. A súa marcha foi un golpe moi duro para todas as persoas que traballamos na organización desta mostra, pero tamén nos deu forza para continuar. Sabemos, sen dúbida, que ela desexaría que esta homenaxe tivese lugar”.
Ademais da mostra fotográfica, mañá, sábado 10 de maio ás 13:00 horas na Sociedade Recreativa de Guísamo, celebrarase un acto de entrega de copias fotográficas a algunhas das persoas retratadas ou aos seus descendentes, pechando así o círculo que a propia autora quixo completar en vida.