Home A Coruña A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do goberno local pola dinamización do mercado

- Anuncio -

O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha sala de lactación

O Concello de Carballo vén de realizar un investimento de 35.482,73 euros no mercado municipal coa finalidade de mellorar os postos e os espazos interiores, homoxeneizar a imaxe e poñer en marcha novos servizos para a clientela. A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia concedeu con esa finalidade unha subvención de 25.134,53 euros.

Entre as actuacións realizadas figura a creación dunha sala de lactación, que ademais de dar servizo ás numerosas familias que utilizan cada día o parque infantil ou que asisten ás actividades que se celebran no propio mercado, contribúe a atraer novos perfís de consumidores/as. Tamén se acondicionou un dos postos exteriores como sala de formación e exposicións, que, precisamente, vén de acoller unha mostra sobre o traballo das mulleres do mar, e no primeiro andar, que cada vez ten máis uso cultural e lúdico (bailes, actividades de Apego, campamentos infantís, Festival Carballo Interplay, Rúa dos Contos…) tamén se realizaron melloras encamiñadas a fomentar esa oferta tan diversa de actividades.

Na planta principal, a Concellaría de Feiras e Mercados apostou pola homoxeneización da imaxe interior dos postos, continuando coas melloras realizadas nos últimos anos, e procedeu á instalación de estores que contribúen á mellora da distribución dos postos e, sobre todo, a reducir a pegada térmica nos alimentos, dada a luminosidade do mercado.

Con estas accións, o Concello de Carballo segue apostando polo desenvolvemento do estudo de mellora do mercado municipal que se realizou no ano 2019, e que desde aquela vén marcando as sucesivas actuacións: obras de adaptación aos requisitos da Rede de mercados excelentes (anos 2020 a 2022); adxudicación do servizo de xerencia, conserxería e limpeza, creación dunha oficina de atención ao público, programa de mentorización dos praceiros/as, renovación de cartelaría, sinalética e mobiliario das zonas comúns, rotulación dos postos ou a redacción dun plan de xestión de residuos (ano 2023), e, máis recentemente, novo contrato de arrendamento da cafetaría e novas concesións para un total de catro postos (2024).

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

O Concello mellora o acceso ao núcleo de Barbeita

0
É unha importante mellora na seguridade, xa que ata o de agora os vehículos de emerxencia non podían acceder a varias vivendas deste núcleo O...

Publicacións Relacionadas