A cantante e compositora galega presentará o seu novo traballo, Anfibia por ve-ces, mentres que o cinema ao aire libre chegará a Cances e Entrecruces
Música, cinema e teatro: a programación de Ondas Culturais continúa esta se-mana con propostas diversas. De entre elas, destaca o concerto dunha das voces emerxentes da nova creación musical galega, pero tamén continúan as sesións de Noites de Cine, ás que se suma unha proposta de teatro amador organizada por Vagalume Animación.
Antía Muíño actúa o venres 31 de xullo, ás 22.30 horas, estreando as actua-cións que terán lugar no palco exterior do Pazo da Cultura. A artista compo-stelá presentará Anfibia por veces, o seu segundo traballo discográfico, unha proposta na que continúa explorando unha sonoridade propia que combina o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional. Muíño consolidouse tras o éxito do seu álbum de debut, Carta Aberta, e chega a Carballo acompañada por Miguel Arribas (ventos), Ton Risco (percusións) e Yudit Almeida (contrabaixo), nun di-recto que alterna a intimidade das súas composicións coa forza do canto galego.
Antía Muíño vén de recibir o Premio Martín Códax da Música 2026 na categoría de Canción de Autor/a e contou así mesmo co recoñecemento como Artista Emerxente en 2025, ademais de ter tomado parte en proxectos de artistas como Baiuca ou Abe Rábade. O concerto conta coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Fundación Luis Calvo Sanz.
Pero antes de somerxernos o venres na música de Antía Muíño, a programación levará o ciclo Noites de Cine a Cances o mércores 29, coa proxección da come-dia ¿Quién es quién?, unha divertida historia familiar na que un intercambio de corpos provoca situacións tan disparatadas como inesperadas. A sesión será ás 22.30 horas no Campo da Capela, coa colaboración da Asociación Cultural San Campio.
O xoves 30, tamén ás 22.30 horas, o ciclo trasladarase ao Local Social de En-trecruces, onde poderá verse Sketch. Cuidado con lo que dibujas, unha comedia de aventuras na que os debuxos dun caderno cobran vida e desencadean unha su-cesión de situacións fantásticas e cheas de humor. A cita conta coa colaboración da Asociación de Veciños San Xes de Entrecruces.
A programación complétase o martes 28 de xullo coa representación de Opera-ción Barranco, de Vagalume Animación, no Centro Social de Bértoa, ás 21.15 ho-ras, con entrada libre. A obra foi distinguida recentemente co Premio do Público no Encontro de Teatro Afeccionado de Vedra.

